1. INICIO
  2. Autores
  3. MARÍA DO CARME KRUCKENBERG
Avatar de MARÍA DO CARME KRUCKENBERG

MARÍA DO CARME KRUCKENBERG

Vigo , 1926
7 títulos
0 seguidores

María do Carme Kruckenberg Sanjurjo, nada en Vigo o 3 de xuño de 1926 e finada na mesma cidade o 16 de maio de 2015, foi unha escritora galega.

Foi filla da galega Josefina Sanjurjo de Oza e do mexicano de orixe alemá Gustavo Kruckenberg Sartorius, afiliado á Falange Española en 1932. Bautizárona na concatedral de Santa María de Vigo, cos nomes de María del Carmen Josefina Margarita Beatriz. En febreiro de 1938 participou como actriz na estrea a obra de teatro de Álvaro Cunqueiro Érase una vez....

Estudou pola súa conta idiomas, historia, ciencias, literatura etc., converténdose nunha autodidacta. Viviu na Arxentina de 1949 a 1953, onde coñeceu moitos escritores galegos emigrados e arxentinos. De novo en Madrid, participou nas reunións do Café Gijón. Posteriormente, tras volver a Galicia, traballou como delegada científica nos Laboratorios Servier.

Autora de contos e tradutora, colaborou con diversas revistas e diarios, sobre todo en Faro de Vigo.

Libros de MARÍA DO CARME KRUCKENBERG

O MORTO ASASINADO E OUTROS CONTOS
O MORTO ASASINADO E OUTROS CONTOS
Luz para un novo amencer
Luz para un novo amencer
O enigma do segredo
O enigma do segredo
A voz da auga
A voz da auga
Jazz espido
Jazz espido
O morto asasinado e outros contos
O morto asasinado e outros contos
As poetas da colección Salnés
As poetas da colección Salnés

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego