1. INICIO
  2. Libros
  3. QUÉROTE. CANTO
QUÉROTE. CANTO

QUÉROTE. CANTO

Baldo Ramos
0 veces listado

Dende un mesmo espazo compartido -o silencio- abrollan os poemas que, seguindo camiños paralelos, acabarán por desembocar nun texto-libro onde a determinación da autoría se dilúe a prol da afluencia e a resonancia. Baldo Ramos e Eva Veiga deciden internarse uns días no mosteiro de Oseira, mais sen

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Editorial Galaxia, S.A.
Data publicación
2020-06-10
Páxinas
204
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4915-1466-4
EAN
9788491514664
Formato
RUSTICA
Avatar

Baldo Ramos

Ver autor

Baldomero Fernández Ramos, nado en Celanova o 1 de xaneiro de 1971, é un poeta e artista plástico galego.

Cultiva a súa vocación artística dende os 17 anos, cando comeza a escribir poesía. Remata a carreira de Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela no 1994, na que tamén cursa o Doutoramento en Literatura Española e Hispanoamericana.

Traballa desde 2011 no IES de Sar en Santiago de Compostela como catedrático de Lingua castelá e literatura.

Comezou a pintar no ano 1993 pola necesidade de establecer pontes entre a escrita e a plástica, expoñendo por primeira vez no ano 1994 en Santiago de Compostela. Ten colaborado como poeta e ensaísta en diferentes iniciativas editoriais como Grial, Anuario de Estudios Galegos, Ólisbos, Casa da Gramática, Río Arga, Luces y sombras ou Dorna; e como ilustrador de obras literarias para Follas Novas Edicións, Centro Ramón Piñeiro, Espiral Maior, Dorna, Boletín Galego de Literatura, Faktoría K ou Kalandraka.

A súa poesía é pouco xenerosa verbalmente, pero non así en canto ao rango de emocións profundas que expresa. Pertence á líña emerxente de autores mozos que, a través do seu intenso labor, renovaron a poesía galega[3], sendo considerado pola crítica unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea.

Ten colaborado con numerosos artistas e escritores en proxectos que propician a experimentación e a mestizaxe de códigos artísticos, como co escultor Caxigueiro, cos poetas Xosé María Álvarez Cáccamo e Eva Veiga, co gravador Carlos González Villar ou cos fotógrafos Carlos Lorenzo e Nachok.

A súa obra poética aparece en antoloxías como Enfocarte (ed. Teresa Seara, 2002), Poetas en blanco y negro (ed. Amalia Iglesias Senra, Abada Editores, Madrid, 2006), Antología 30 (ed. Inmaculada Murcia Serrano e Antonio Molina Flores, Pre-Textos, Valencia, 2009), Veinte puntos de fuga (ed. Teresa Seara, El perro y la rana, Caracas, 2011), Antoloxía de referencia (ed. Carlos Arias-Mariña Pérez Rei, Editorial Bubela, Santiago de Compostela, 2012), Novas de poesía. 17 poetas (ed. Ana Gorría, Fundación Uxío Novoneyra, Lugo, 2013) ou Migrant Shores (ed. Manuela Palacios, Salmon Poetry, County Clare-Ireland, 2017).

É autor de máis de douscentos libros de artista de exemplar único, nos que ten empregado todo tipo de formatos, materiais e técnicas.

Valoracións das lectoras e lectores
3.0
1 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

100%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Baldo Ramos

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego