1. INICIO
  2. Libros
  3. A DIFICULTADE DE FALAR. ARTIGOS E ENSAIOS
A DIFICULTADE DE FALAR. ARTIGOS E ENSAIOS

A DIFICULTADE DE FALAR. ARTIGOS E ENSAIOS

Anxo Rei Ballesteros
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

O pensador e autor de Tempo e vinganza e o novelista que deu ao prelo Non sei cando nos veremos cadran nestes escritos coa mesma afouteza, capacidade de penetración e atrevemento en desmontar o convencional que o escritor amosaba adoito na súa vida e na súa obra. A relación entre fala e poesía, o

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
GALAXIA
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4915-1585-2
EAN
9788491515852
Formato
RUSTICA
Avatar

Anxo Rei Ballesteros

Ver autor

Anxo Adolfo Rei Ballesteros, nado en Ardesende (Codeso, Boqueixón) o 24 de xaneiro de 1952 e finado na Coruña o 29 de outubro de 2008, foi un escritor galego que cultivou a novela, o teatro, o ensaio e a tradución.

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, a súa traxectoria literaria comezou nos anos mozos colaborando coa revista efémera Bonaval. A súa primeira novela Dos anxos e dos mortos foi publicada por Edicións Castrelos en 1977, e nese mesmo ano recibiu o Pedrón de Ouro polo seu relato "Querido Brais". Coa súa segunda novela Loaira acadou o Premio Antón Losada Diéguez en 1993.

Tamén autor de teatro, a súa obra Xogos de damas estreouse en 1987 polo grupo Malbarate, e en 1991 dirixiu a versión de A voz humana de Jean Cocteau. Preocupado pola filosofía, publicou ensaios en revistas e catálogos de artistas, e en 2003 apareceu o seu libro Tempo e vinganza sobre o Hamlet de William Shakespeare e o problema do tempo. Durante os últimos anos da súa vida viviu na Pobra do Caramiñal.

En novembro de 2009 apareceu unha obra póstuma, a novela A noite do moucho, publicada por Galaxia. Máis tarde apareceu entre os papeis do autor a que debeu ser a súa primeira obra en galego, a novela Dezanove badaladas, publicada tamén por Galaxia no outono de 2018. Ambientada na Galicia dos anos 1970, conta os cambios nunha sociedade na que o urbano vai gañando terreo ao rural.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Anxo Rei Ballesteros

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego