O autor non usa edulcorante, senón azucre de verdade; e o café del non é descafeinado, ao contrario: é negro e forte, e por iso pode inquietar. Atopamos relatos sobre un mundo antigo, unha Galicia rural, impenetrable, misteriosa, nos que o autor acada unha expresividade case magoante. Pero tamén
Anxo Adolfo Rei Ballesteros, nado en Ardesende (Codeso, Boqueixón) o 24 de xaneiro de 1952 e finado na Coruña o 29 de outubro de 2008, foi un escritor galego que cultivou a novela, o teatro, o ensaio e a tradución.
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, a súa traxectoria literaria comezou nos anos mozos colaborando coa revista efémera Bonaval. A súa primeira novela Dos anxos e dos mortos foi publicada por Edicións Castrelos en 1977, e nese mesmo ano recibiu o Pedrón de Ouro polo seu relato "Querido Brais". Coa súa segunda novela Loaira acadou o Premio Antón Losada Diéguez en 1993.
Tamén autor de teatro, a súa obra Xogos de damas estreouse en 1987 polo grupo Malbarate, e en 1991 dirixiu a versión de A voz humana de Jean Cocteau. Preocupado pola filosofía, publicou ensaios en revistas e catálogos de artistas, e en 2003 apareceu o seu libro Tempo e vinganza sobre o Hamlet de William Shakespeare e o problema do tempo. Durante os últimos anos da súa vida viviu na Pobra do Caramiñal.
En novembro de 2009 apareceu unha obra póstuma, a novela A noite do moucho, publicada por Galaxia. Máis tarde apareceu entre os papeis do autor a que debeu ser a súa primeira obra en galego, a novela Dezanove badaladas, publicada tamén por Galaxia no outono de 2018. Ambientada na Galicia dos anos 1970, conta os cambios nunha sociedade na que o urbano vai gañando terreo ao rural.
e descubre todas as novidades do libro en galego