Unha obra de teatro que fala da liberdade, da necesidade de ser e, sobre todo, da identidade. O simple acto de nacer marca a nosa vida nun molde que a sociedade se encarga de contornar e puír. Mais, que pasa se nacemos nun molde “equivocado”? Zé, o noso protagonista, vive unha historia chea deUnha…
Nee Barros Fernández, nado en Ourense o 19 de decembro de 2002, é activista polos dereitos trans e divulgador cultural e literario.
Nee Barros naceu en Ourense, mais creceu na vila de Marín (Pontevedra). Estudou o bacharelato no IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra desde o 2018 ata o 2020. Graduouse en Xestión Cultural pola Universidad de Santiago de Compostela.
Na súa faceta literaria, recibiu recoñecementos desde moi cedo en certames como Lingua de Namorar (2018 e 2020), Prensa-Escuela (2018) ou o certame de narración curta Concello de Curtis (2019), entre outros. En 2022, recibiu o Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil, grazas ao cal publicarían a súa obra Nom estamos quebrades.
Para alén da súa produción literaria, desenvolve un labor de divulgación literaria na rede, especialmente a través da súa canle de Youtube Neeumatiko. Na devandita canle mestura recomendacións literarias, análises de obras e activismo LGBTIQA+. Este labor foi recoñecido co premio á Calidade Lingüística do certame Youtubeir@s en 2021. Tamén canta e toca o baixo no grupo de música pop rock Froalla.
Necesario. Sorprendente para estar escrito a unha idade temperá e aínda que por este mesmo motivo teña posibilidades de mellora, é moi, moi recomendable.
e descubre todas as novidades do libro en galego