┴s veces, cando temos problemas que non sabemos como resolver, cómpre afastarse da realidade e contemplala a distancia. Para que non nos acabe por engulir. Iso é, nin máis nin menos, o que lle acontece a Daniel, o protagonista desta novela. En plena crise persoal e económica, acentuada por un
Manuel Portas Fernández, nado en Barcelona o 4 de xaneiro e 1960, é un escritor, profesor e sociolingüista galego.
Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago. Foi profesor de Lingua e Literatura no Instituto Xelmírez I, de Santiago de Compostela, centro que dirixiu dende o ano 1987 até 1996, impulsando a súa galeguización, e novamente entre 2012 e 2023.
Publicou, entre outras, Língua e sociedade na Galiza (1991), unha obra que promove a sensibilidade social cara á lingua, e que realiza unha historia da lingua galega desde unha perspectiva sociolingüística. No mundo do idioma, ademais de desempeñar postos na dirección da Associaçom Galega da Língua, foi membro da comisión fundadora da Mesa pola Normalización Lingüística. Coordinou a Revista Enclave e foi membro do Consello de Administración do xornal A Nosa Terra. Foi responsábel local do BNG e concelleiro en Santiago de Compostela.
En 2010 publicou a súa primeira novela, Denso recendo a salgado.
e descubre todas as novidades do libro en galego