1. INICIO
  2. Libros
  3. DENSO RECENDO A SALGADO
DENSO RECENDO A SALGADO

DENSO RECENDO A SALGADO

Manuel Portas
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Denso recendo a salgado son os fragmentos dun espello escachado por un golpe; as páxinas dunha intensa novela con moitas novelas dentro; unha historia de historias fragmentarias e ocasionais, tecida con fíos multicolores de personaxes que se entrelazan dende unha aparente desconexión inicial para

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
XERAIS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4991-4132-9
EAN
9788499141329
Formato
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Avatar

Manuel Portas

Ver autor

Manuel Portas Fernández, nado en Barcelona o 4 de xaneiro e 1960, é un escritor, profesor e sociolingüista galego.

Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago. Foi profesor de Lingua e Literatura no Instituto Xelmírez I, de Santiago de Compostela, centro que dirixiu dende o ano 1987 até 1996, impulsando a súa galeguización, e novamente entre 2012 e 2023.

Publicou, entre outras, Língua e sociedade na Galiza (1991), unha obra que promove a sensibilidade social cara á lingua, e que realiza unha historia da lingua galega desde unha perspectiva sociolingüística. No mundo do idioma, ademais de desempeñar postos na dirección da Associaçom Galega da Língua, foi membro da comisión fundadora da Mesa pola Normalización Lingüística. Coordinou a Revista Enclave e foi membro do Consello de Administración do xornal A Nosa Terra. Foi responsábel local do BNG e concelleiro en Santiago de Compostela.

En 2010 publicou a súa primeira novela, Denso recendo a salgado.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Manuel Portas

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego