Os corvos mariños son aves que tamén nadan; os salmóns son peixes que case voan. Velaí que non adoiten levarse moi ben. Así e todo, neste li bro un salmón e mais un corvo mariño fanse amigos. E despois úneselles o vento, que será quen conte, de xeito poético, a historia da amizade que xurde entre…
Patxi Zubizarreta Dorronsoro (nado en Ordizia, Guipúscoa, o 25 de xaneiro de 1964) é un escritor guipuscoano que escribe en éuscaro. Estudou Filoloxía Vasca en Vitoria-Gazteiz, cidade onde reside actualmente.
É un destacado autor de literatura infantil e xuvenil, un campo no que gañou varios premios. Tamén traballou como tradutor e autor para adultos, e crea espectáculos que combinan música, elementos visuais e literatura. Está incluído no catálogo White Ravens e na Lista de Honra do IBBY.
En 2023, recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola súa obra "Zerria". O xurado destacou "a excepcional calidade narrativa e o poder desafiante da historia con descricións hipnóticas que reflexionan sobre a condición humana".
e descubre todas as novidades do libro en galego