Selim naceu en Imlil, unha aldeíña do Atlas marroquí. Cada ano, polo verán, alí chegaba a o flamante Renault de Mohamed, un veciño emigrado en París. Selim decide iniciar o mesmo camiño: unha longa viaxe cara a Francia na procura de fortuna. Dende as rúas de Marrakesh, onde malvivirá traballando en…
Patxi Zubizarreta Dorronsoro (nado en Ordizia, Guipúscoa, o 25 de xaneiro de 1964) é un escritor guipuscoano que escribe en éuscaro. Estudou Filoloxía Vasca en Vitoria-Gazteiz, cidade onde reside actualmente.
É un destacado autor de literatura infantil e xuvenil, un campo no que gañou varios premios. Tamén traballou como tradutor e autor para adultos, e crea espectáculos que combinan música, elementos visuais e literatura. Está incluído no catálogo White Ravens e na Lista de Honra do IBBY.
En 2023, recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola súa obra "Zerria". O xurado destacou "a excepcional calidade narrativa e o poder desafiante da historia con descricións hipnóticas que reflexionan sobre a condición humana".
e descubre todas as novidades do libro en galego