Filiberto e Sofonisba son unha parella de corvos que casou hai moito tempo en Finlandia o mago Vainamoinen e que chegou de ben antigo á fraga de Dorneda. Disque por eles semella non pasar o tempo. El ten grandes coñecementos, e rara é a cousa que non sabe, incluída a fala humana. Por feitos coma
Xavier Seoane Rivas, nado na Coruña o 11 de xaneiro de 1954, é un profesor e escritor galego.
Estudou Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela e foi profesor de Lingua e Literatura na Coruña no IES Monelos. Desde 1975 vén desenvolvendo a súa actividade nos terreos da creación literaria, da arte e na animación cultural, tanto en prensa e revistas, como conferenciante. Nas décadas dos setenta e oitenta participou nas actividades dos grupos "A Carón" e "Galga". Ten colaborado, entre outras, en publicacións como Teima, Man Común, Grial, Nordés, Agalia, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, Luzes de Galiza, Gran Enciclopedia Gallega, El Correo Gallego, Microfisuras...
É un dos fundadores e animadores da revista Luzes de Galiza. Ten traballado en proxectos de vídeo: O pintor Luis Seoane, Luis Seoane, escritor e Arquitectura galega actual. Participou na organización de exposicións relacionadas co mundo das artes (Leopoldo Nóvoa, Mundos, Figuraciós, Isaac Díaz Pardo, O cómic galego, Luís Seoane e o libro galego na Arxentina, Urbe, Natura, Cosmos) e colaborou con textos sobre arte en catálogos de exposicións e libros colectivos.
Ten realizado exposicións de poesía visual e experimental na Coruña, Compostela e no Estado Español, e participado en mostras de mail art.
e descubre todas as novidades do libro en galego