En 1805, a Raposa Vermella, única muller corsaria que faena no Atlántico convence o seu grande amigo o corsario galego Capitán Araña para unha misión nas costas dos Estados Unidos de América: a procura do tesouro afundido de Anne Bonney, famosa pirata, muller do célebre Barbanegra. Antes da chegada
Rafael Lema Mouzo, nado na Ponte do Porto (Camariñas) o 27 de abril de 1967, é un escritor galego.
Licenciado en Ciencias Ambientais, diplomado en Imaxe e Son e Filoloxía Hispánica, traballou en diversos medios de prensa e radio. É presidente do colectivo ecoloxista PX da Costa da Morte e do centro de estudos Blas Espín de Camariñas. Tamén ten colaborado na Radio Galega, Antena 3 e La Voz de Galicia.
Ademais dos de poesía, recibiu varios premios a nivel nacional como investigador do patrimonio. Tamén escribe narracións para o público infantil e xuvenil.
e descubre todas as novidades do libro en galego