Rodribico é un paxariño ao que lle encanta estar forte e vivir todo tipo de aventuras. Rodribico habita nunha inmensa árbore, con grandes pólas, e no seu niño ten todas as comodidades que unha ave pode desexar. Unha soleada mañá, un circo instálase preto do seu niño. Por suposto, Rodribico non
Manuel Guisande, nado en Santiago de Compostela o 30 de outubro de 1958 é un escritor de literatura infantil, periodista e guionista de curtametraxes galego. É autor da serie de contos Rodribico. Obtivo o Premio de Comunicación da Xunta de Galicia 2000, o Premio Codorniz de Plata da Academia de Humor e o Premio Isaac Díaz Pardo da Asociación Galega de Editores xunto co ilustrador Xosé Tomás.
Con orixe familiar en Paredes de Nava, na provincia castelá de Palencia, viviu durante a súa infancia en numerosas localidades pola profesión de seu pai, xuíz. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, e colaborou en publicacións como El Correo Gallego, o Semanario El Orzán ou El Ideal Gallego ou La Voz de Galicia. Paralelamente, comeza no ano 2000 as súas achegas á cultura no apartado de humor, sendo xunto co caricaturista Siro coordinador do suplemento de humor xatentendo.com polo cal recibiu o Premio La Codorniz de Plata e o Premio de Comunicación Xunta de Galicia 2000. Tamén é autor de obras de teatro como Los aparcacientos de Pacópolis, xunto ó periodista Ramón Barrena.
No ano 2008 abriu o seu blog de humor 'costumista' Al fondo a la derecha, publicado na edición dixital de La Voz de Galicia e que é un referente para estudantes de castelán na Universidade de Kentucky e o Molloy College de Nova York. No ano 2010 estreouse como guionista coa curtametraxe Garabolis baixo a dirección do director Alfredo Pardo, polo cal é nomeado ós Premios Mestre Mateo no 2011 e chega á final no Festival Internacional de Cine de Ourense.
Manuel Guisande achegou á literatura infantil de Galicia, xunto co ilustrador Xosé Tomás, o personaxe do paxaro Rodribico: unha colección de contos editada por Baía Edicións no 2010 coa que obtivo o Premio Literario Isaac Díaz Pardo que concede a Asociación Galega de Editores e que foi traducida ó castelán e ó portugués. Un dos contos da colección Rodribrico, Rodribrico e a noite, foi nomeado á final do Premio Literario Frei Martín Sarmiento.
Colabora en RadioVoz cun monólogo de humor no programa Corre, Carmela que chove, á vez que imparte conferencias-obradoiros didácticos sobre periodismo e medios de comunicación, monólogos, escritura de contos infantís e realización de guións para teatro, radio e televisión.
e descubre todas as novidades do libro en galego