1. INICIO
  2. Libros
  3. RODRIBICO VISITA A CIDADE
RODRIBICO VISITA A CIDADE

RODRIBICO VISITA A CIDADE

Manuel Guisande
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Rodribico é un paxariño ao que lle encanta estar forte e vivir todo tipo de aventuras. Rodribico habita nunha inmensa árbore, con grandes pólas, e no seu niño ten todas as comodidades que unha ave pode desexar. Un día fálanlle dun lugar cheo de cousas que andan sobre rodas e fan "Piiiii" e

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
BAÍA EDICIÓNS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4926-3050-9
EAN
9788492630509
Formato
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Avatar

Manuel Guisande

Ver autor

Manuel Guisande, nado en Santiago de Compostela o 30 de outubro de 1958 é un escritor de literatura infantil, periodista e guionista de curtametraxes galego. É autor da serie de contos Rodribico. Obtivo o Premio de Comunicación da Xunta de Galicia 2000, o Premio Codorniz de Plata da Academia de Humor e o Premio Isaac Díaz Pardo da Asociación Galega de Editores xunto co ilustrador Xosé Tomás.

Con orixe familiar en Paredes de Nava, na provincia castelá de Palencia, viviu durante a súa infancia en numerosas localidades pola profesión de seu pai, xuíz. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, e colaborou en publicacións como El Correo Gallego, o Semanario El Orzán ou El Ideal Gallego ou La Voz de Galicia. Paralelamente, comeza no ano 2000 as súas achegas á cultura no apartado de humor, sendo xunto co caricaturista Siro coordinador do suplemento de humor xatentendo.com polo cal recibiu o Premio La Codorniz de Plata e o Premio de Comunicación Xunta de Galicia 2000. Tamén é autor de obras de teatro como Los aparcacientos de Pacópolis, xunto ó periodista Ramón Barrena.

No ano 2008 abriu o seu blog de humor 'costumista' Al fondo a la derecha, publicado na edición dixital de La Voz de Galicia e que é un referente para estudantes de castelán na Universidade de Kentucky e o Molloy College de Nova York. No ano 2010 estreouse como guionista coa curtametraxe Garabolis baixo a dirección do director Alfredo Pardo, polo cal é nomeado ós Premios Mestre Mateo no 2011 e chega á final no Festival Internacional de Cine de Ourense.

Manuel Guisande achegou á literatura infantil de Galicia, xunto co ilustrador Xosé Tomás, o personaxe do paxaro Rodribico: unha colección de contos editada por Baía Edicións no 2010 coa que obtivo o Premio Literario Isaac Díaz Pardo que concede a Asociación Galega de Editores e que foi traducida ó castelán e ó portugués. Un dos contos da colección Rodribrico, Rodribrico e a noite, foi nomeado á final do Premio Literario Frei Martín Sarmiento.

Colabora en RadioVoz cun monólogo de humor no programa Corre, Carmela que chove, á vez que imparte conferencias-obradoiros didácticos sobre periodismo e medios de comunicación, monólogos, escritura de contos infantís e realización de guións para teatro, radio e televisión.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Manuel Guisande

Á comunidade gustoulles…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego