Aprende a recoñecer os 50 cogomelos máis comúns de Europa Occidental. Con este libro aprenderás a recoñecer os cogomelos máis comúns, os seus usos, como ir ao monte a apañalos e outros aspectos de interese sobre a súa conservación. Nas fichas de identificación achégase a información necesaria
María Luísa Castro Cerceda, máis coñecida como Marisa Castro, nada no barrio da Ponte da parroquia de San Lázaro de Lugo o 20 de decembro de 1955, é unha bióloga, profesora universitaria e investigadora galega.
Marisa Castro estudou na Universidade de Santiago de Compostela. É doutora en bioloxía e profesora titular na área de botánica, departamento de Bioloxía vexetal e ciencias do solo, na Facultade de Bioloxía e Ciencias do Mar da Universidade de Vigo.
Especialista en micoloxía, é unha das maiores estudosas da botánica de Galicia. Foi vicepresidenta da Sociedade Galega de Historia Natural de 1980 a 1986 e presidenta do Grupo Micolóxico Galego Luís Freire.
e descubre todas as novidades do libro en galego