Jesús Castro Yáñez, nado en Baltar (A Pastoriza), o 2 de abril de 1992, é un poeta e odontólogo galego.
Comezou a súa traxectoria literia moi mozo e con só 17 anos gañou o premio Minerva de poesía. Tres anos despois gañou o II Premio de poesía Díaz Jácome (2012) e, a partir de aí, obtivo mencións noutros certames coma o Xela Arias ou o Ánxel Casal. En 2015 acadou o I Premio de Relato Breve Nélida Piñón[1] do Concello de Cotobade, co relato “O vello e o minotauro” e o Premio nacional de poesía Pérez Parallé con Os nomes e os himnos.
Ten publicado poemas en revistas como Dorna ou Obituario Magazine. É autor da plaquette bilingüe Spike-and-wave (Nanoediciones, 2014). No 2017 publicou en inglés /\/\/\ dentro do proxecto Poetry Will be Made by All, en formato dixital e impreso, e Ultramarino (Chan da Pólvora). En 2018 colaborou na revista Ligeia.
Formou parte da diversos obradoiros de tradución poética internacionais e ten participado en abondosos festivais e ciclos de poesía, como é o caso de Marpoética, Poetas Di(n)versos, VERSUD, Živa književnost, Alguén que respira! ou Bray Lit Fest.
e descubre todas as novidades do libro en galego