A Universidade da Coruña, con motivo do Día das Letras Galegas de 2025, quere render homenaxe a todas as mulleres que conservaron e transmitiron o seu saber a través das cantigas con esta obra. Preséntase unha escolma de cantares provenientes de áreas en que, máis dun século despois, se asentarían
Xosé Manuel Sánchez Rei, nado na Coruña en 1973, é un filólogo e escritor galego.
Licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela en 1997 e doutorouse na Universidade da Coruña en 2001, onde actualmente exerce a docencia como Profesor Titular na Área de Filoloxía Galega e Portuguesa.
É secretario da Revista Galega de Filoloxía e membro do seu Consello de Redacción desde o seu aparecemento no ano 2000, colaborando tamén con artigos en Terra e Tempo. Foi presidente da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda ata 2017 e actualmente pertence á súa xunta directiva.
e descubre todas as novidades do libro en galego