1. INICIO
  2. Libros
  3. BAIXO MÍNIMOS
BAIXO MÍNIMOS

BAIXO MÍNIMOS

Diego Ameixeiras Novelle
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

O detective Horacio Dopico, que esperta pola mañá co recordo da súa ex-muller, recibe o encargo de investigar o asasinato do avogado Adrián Seivane. Aparentemente é un caso resolto, xa que policía detén a varios activistas do GIA (Grupo Independentista Armado) e case ninguén dubida da versión que

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
XERAIS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4978-2167-4
EAN
9788497821674
Formato
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Avatar

Diego Ameixeiras Novelle

Ver autor

Diego Ameixeiras Novelle, nado en Lausana o 5 de novembro de 1976, pero criado en Ourense, é un xornalista e escritor galego. Foi traducido a varios idiomas, entre eles o catalán e o castelán.

Traballou como guionista para varias series emitidas pola Televisión de Galicia (Terra de Miranda, Os Atlánticos, Matalobos) e como colaborador nos xornais Diario de Pontevedra e El Mundo. Foi coguionista das longametraxes 18 comidas (Jorge Coira, 2010), pola que recibiu un Premio Mestre Mateo ao mellor guión, e La mujer del Eternauta (Adán Aliaga, 2011).

Publicou dúas novelas de serie negra ambientadas en Ourense: Baixo mínimos (2004) e O cidadán do mes (2006), protagonizadas polo detective Horacio Dopico. O estilo destas dúas obras, parodia do hard-boiled enchido de dialectalismos correspondentes ás falas de Ourense, aproxímano á produción narrativa de Bieito Iglesias.

En 2006 gañou o Premio Xerais de Novela con Tres segundos de memoria, obra catalogada como "xeracional" pola crítica e cuxo argumento narra o día a día dun personaxe anónimo atrapado na precariedade económica e sentimental. Escrita con humor, a novela está chea de referencias literarias e musicais; así, por exemplo, nun dos seus capítulos o autor homenaxea o autor Nick Hornby de High Fidelity. En 2009 publicou a súa cuarta novela, Dime algo sucio, que foi, xunto con Sete palabras de Suso de Toro, o primeiro libro electrónico publicado pola editorial Xerais. Traducida ao castelán por Pulp Books, esta novela significou un cambio de rumbo na traxectoria do autor, centrado agora en problemas espiñentos como a pederastia. Dime algo sucio recibiu o Premio Especial do Director da Semana Negra de Xixón na súa edición de 2011, ex aequo con Las niñas perdidas, de Cristina Fallarás.

En setembro de 2010 editouse a novela Asasinato no Consello Nacional, que se converteu nun éxito de vendas. En 2011 gañou o premio de novela por entregas de La Voz de Galicia con Historias de Oregón, publicado no xornal durante o mes de agosto.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Diego Ameixeiras Novelle

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego