1. INICIO
  2. Libros
  3. CHOVE NOS VERSOS
CHOVE NOS VERSOS

CHOVE NOS VERSOS

Antonio García Teijeiro
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

"Chove nos versos" é un novo poemario de Antonio García Teijeiro dirixido ao público infantil e xuvenil. Artellado tematicamente arredor da idea da chuvia, a obra divídise en catro apartados: "As choivas no calendario", "Chovendo miudiño", "Chovendo a mares", e "Longa noite de chuvia", unha homenaxe

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
XERAIS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4978-2201-5
EAN
9788497822015
Formato
TAPA DURA
Avatar

Antonio García Teijeiro

Ver autor

Antonio García Teijeiro, nado en Vigo o 13 de agosto de 1952, é un escritor galego, dedicado principalmente á literatura infantil, e mestre de escola.

Exerceu como mestre de Ensino Primario e Primeiro Ciclo da ESO. Colaborou nas páxinas literarias e pedagóxicas de xornais e revistas de Galicia, e en diversos proxectos literarios. Crítico e especialista en literatura infantil e xuvenil, impartiu cursos de animación á lectura, creación literaria, obradoiros de poesía, palestras. Como tradutor ó galego leva realizado diversos traballos dentro do eido literario infantil e xuvenil. Dirixiu coleccións editoriais e programas de radio de tema literario. Codirixiu o programa radiofónico de música e poesía Os sons do silencio.

Recibiu o Premio Merlín e o premio Pier Paolo Vergerio. A súa obra figura nas listas da IBBY. En 2017 recibiu o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España pola obra Poemar o mar.

Algúns dos seus poemas foron musicados por grupos e músicos coma Antón Seoane e Paco Ibáñez. Mantén unha intensa actividade na rede co seu blog Versos e Aloumiños.

Xogou ao balonmán na División de Honra co Academia Octavio.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Antonio García Teijeiro

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego