Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Novamente a escritura exorciza o baleiro (perda, soidade, sensentido) na procura dunha restitución. De aí a imaxe obsesiva do oco, de natureza dolorosamente corporal, que convirte Contra Rochester da debutante Miriam Sánchez Moreiras nun poemario da oquedade. Está o oco inicial, denunciando a
Novamente a escritura exorciza o baleiro (perda, soidade, sensentido) na procura dunha restitución. De aí a imaxe obsesiva do oco, de natureza dolorosamente corporal, que convirte Contra Rochester da debutante Miriam Sánchez Moreiras nun poemario da oquedade. Está o oco inicial, denunciando a amputación do corazón nunha Jane Eyre adolescente, e as sucesivas fendas, feridas, picaduras que percorren o corpo; e tamén o oco do leito e o da letra u, ambivalente (útero e Ulises ausentado). Na mesma beira, a modo de contrapunto, artéllase a estratexia (ou Breve tratado sobre a gravidade) pola que o oco se transformará en receptáculo, presto a ser enchido, a adquirir a propiedade do grávido.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro