Esta impresionante obra do profesor Antón Costa Rico analiza e valora o rico e múltiple pasado educativo e cultural de Galicia desde a súa romanización e cristianización até o presente, á luz e no contexto da historia cultural e educativa europea. Importantes personaxes, institucións educativas e
Antón Costa Rico, nado en Castellar de la Frontera (provincia de Cádiz) o 28 de setembro de 1952, é un pedagogo galego de orixe andaluza.
Fillo dunha familia modesta, con catro meses de idade, os seus pais trasladáronse a Galicia, á Mariña de Lugo. É nesta provincia onde comezou os seus estudos no Seminario de Mondoñedo. Posterioermente, decidiu estudar o Grao de Pedagoxía na Universidade Pontificia de Salamanca.
Doutorouse pola Universidade de Salamanca en 1982, cunha tese sobre a historia da escola primaria en Galicia entre 1900 e 1936. Foi un dos fundadores do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega en 1983. É membro do Seminario de Estudos Galegos, ao que representa no Consello Escolar de Galicia. Foi un dos promotores das revistas pedagóxicas As Roladas (1980) e Revista Galega de Educación (1986).
De 1985 a 2010 foi profesor na Facultade de Filosofía e CC. da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. En 2010, exerceu como Catedrático na mesma Facultade, ata a súa xubilación en 2020.
É presidente da Asociación Española de Historia da Educación.
e descubre todas as novidades do libro en galego