Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Centoonce, un e un e mais outro un. A monotonía dunha vida covarde. Un poeta arrodeado das súas máis tristes referencias: as rutinas diarias do seu traballo, da súa parella e das visitas tristeiras aos bares. Até que, mesturada entre os seus soños, principia a descuberta doutra rapaza, arredada e
Centoonce, un e un e mais outro un. A monotonía dunha vida covarde. Un poeta arrodeado das súas máis tristes referencias: as rutinas diarias do seu traballo, da súa parella e das visitas tristeiras aos bares. Até que, mesturada entre os seus soños, principia a descuberta doutra rapaza, arredada e non, desexada, pero tampouco. A imaxe, en definitiva, de todos os seus anceios. Unha escusa para se sentir vivo. Ou algo así. Daquela, atrapallado, covarde e mesmo miserable, con letras espidas, vai indo o poeta cara ao seu soño (que si, que non), decidido ao cabo, a se maldecir unha e unha e outra vez, ate sumar centoonce poemas.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro