Este libro de María Victoria Moreno reúne tres contos de animais escritos en verso e ilustrados por Manolo Uhía: "Xa non teño medo", "Can branco, can negro" e "¿Un cachiño de bica?". Xan vive nunha cidade e ten medo cando se vai deitar; grazas a unha chorumiña comprobará que no ceo sae a lúa e
María Victoria Moreno Márquez, nada en Valencia de Alcántara (provincia de Cáceres) o 1 de maio de 1939 e finada en Pontevedra o 22 de novembro de 2005, foi unha editora, tradutora, conferenciante, escritora de literatura infantil e xuvenil galega e profesora de ensino secundario en institutos de Lugo, Sanxenxo e Pontevedra. O seu texto máis coñecido é Anagnórise (Galaxia, 1988), vinte veces reeditado e traducido a varias linguas. Algúns trazos fundamentais da súa obra son o lirismo, a conversión dos animais en protagonistas e a crítica a un ensino reseso.
En 2018 foi a figura protagonista do Día das Letras Galegas, sendo a cuarta muller, tras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María Mariño, que levou ese recoñecemento na historia da celebración.
e descubre todas as novidades do libro en galego