Sexo e lugar é un conxunto de ensaios sobre o poder, cultura, arte e literatura, a favor da vivencia libre do sexo e do lugar. Estes ensaios, inspirados pola liberdade, combaten o poder sexual e o poder colonial e veñen asinados por Carmen Blanco, especialista pioneira nesta temática en Galicia.
Carmen Blanco García, nada en Lugo o 12 de maio de 1954, é unha escritora e feminista galega autora de poesía, narrativa e ensaio, e profesora da Universidade de Santiago de Compostela.
Participou dende os anos setenta no movemento de liberación das mulleres, e, como ensaísta, centrouse especialmente nas interrelacións de poder, muller, sexo, lugar, memoria, cultura, arte e literatura, temática na que afondou nun camiño libertario na súa obra ensaística e literaria. Centrouse tamén en literatura e cultura galegas, tendo colaborado, asemade, en numerosos libros colectivos, actas de congresos, revistas especializadas e xornais.
e descubre todas as novidades do libro en galego