Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Os homes só contan até tres, o drama de Antón Lopo gañador do premio Alvaro Cunqueiro para textos teatrais 2004, conta a historia de dúas irmás que viven xuntas, Luísa, autora e directora teatral de éxito, e Helena, encargada do arranxo da casa e escritora anónima de textos. A aparente harmonía da
Os homes só contan até tres, o drama de Antón Lopo gañador do premio Alvaro Cunqueiro para textos teatrais 2004, conta a historia de dúas irmás que viven xuntas, Luísa, autora e directora teatral de éxito, e Helena, encargada do arranxo da casa e escritora anónima de textos. A aparente harmonía da súa convivencia, apenas interrompida por Evaristo, o seu veciño gardaxurado, ráchase cando aparece nas súas vidas Nico, un malabarista e actor, novo, fermoso e intelixente, do que axiña se enamora Luisa, quen, sen consultar coa súa irmá, o convidará a compartir vida e apartamento. Mais, a empatía entre Helena e Nico non tarda en aparecer, e a ausencia de Luísa durante un par de semanas fai que o achegamento entre eles dous se produza. Helena estará disposta a traizoar a súa irmá para emprender unha aventura lonxe da rutina que a protexe? Os homes só contan ate tres, peza dividida en 28 escenas, foi estreada o 2 de decembro de 2005 pola compañía "A Factoría Teatro".
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Baixo distintos nomes, Antón Lopo (Monforte de Lemos, 1961) desenvolve unha exploración poética que o aproximou ás latitudes da performance, do teatro e da acción. Actualmente dirixe a editorial Chan da Pólvora. Deuse a coñecer a finais dos anos oitenta con "Sucios e desexados", libro de poemas ao que seguiron, entre outros, "Manual de masoquistas" (1991), "Om" (1997), "Pronomes" (1998), "Fálame" (2004) ou "Libro dos amados" (2005). Nos últimos anos, indagou na oralidade e na poesía física con "Prestidixitador" (Teatro Galán, 2001), "Accións" (Galería Trinta, 2003), "Dentro" (Casa da Parra, 2005) e "Lampíricos" (Galería Dispara, 2012), propostas onde a escrita deu paso a outros soportes poéticos como fotografía, vídeo, instalación ou memoria. Como novelista, publicou "As reliquias" (Xerais, 1991), "Ganga" (Xerais, 2001) ou "Obediencia" (2010), Premio Garcia Barros. Tamén cultivou o ensaio, a tradución e a biografía. A peza dramática "Os homes só contan até tres" (Xerais, 2005) valeulle o Premio Álvaro Cunqueiro e o poemario "Corpo" (Xerais, 2018), o VI Premio de poesía Manuel Lueiro Rey