Glub, un peixe molón de cor laranxa e unha manchiña marrón no lombo que o facía diferente, vivía quentiño e feliz con outros moitos peixes de cores no acuario de David. No día en que estaban preparando a festa de aniversario do seu dono, unha das súas amigas regaloulle unha enorme bóla de cristal…
Isabel Freire Bazarra é coruñesa, licenciada en Filoloxía Hispánica e xornalista. Dende outubro de 2005 é a xefa de comunicación e protocolo da Radio e Televisión de Galicia.
e descubre todas as novidades do libro en galego