A intención argumental de dz ou o libro do esperma de Samuel Solleiro é a de problematizar e mesmo anular o concepto de masculinidade entendida sobre todo, pero non unicamente, a través do elemento sexual e paralelamente e en consecuencia, asasinar o propio suxeito (sexuado, canónico) construído
Samuel Solleiro González, nado en Tui o 7 de xuño de 1982, é un escritor, tradutor e músico galego.
Escritor desde moi novo, ten publicados varios libros de narrativa breve e poesía, ademais de textos dispersos en diferentes publicacións (entre elas, Grial, Boletín Galego de Literatura ou El País Galicia, así como unha escolma traducida do poeta catalán Enric Casasses na revista Dorna). Publicou traballos de crítica literaria no extinto Cartafol de libros de Vieiros entre 2005 e 2007 e no suplemento ProTexta da revista Tempos Novos a partir de 2008.
Solleiro é licenciado en Antropoloxía e Filoloxía. É guitarrista e banxista do grupo musical Ataque Escampe e socio fundador da desaparecida Estaleiro editora. Actualmente dedícase profesionalmente á tradución. Viviu en Tui, Santiago de Compostela, Barcelona, Sainte-Anne (Guadalupe, Antillas francesas), Valença do Minho (Portugal) e Le Mans (Francia). Desde 2015 vive na Coruña.
e descubre todas as novidades do libro en galego