Dúas formigas, que paseaban polo campo preto dun escuro bosque, viron na espesura unha pedra grande tapizada de carriza e decidiron descansar ao seu carón para merendar. De súpeto unha afinada voz de muller nova comezou a cantar ás súas costas. Non había dúbida ningunha, a voz viña da pedra. Quen
Jacobo Fernández Serrano, nado en Vigo en 1971 e un ilustrador galego, ademais de escritor, pintor e autor de banda deseñada.
Iniciouse na ilustración de libros de literatura infantil en Xerais coa serie de libros As aventuras de Nunavut de Xoán Abeleira. Tamén se encargou de ilustrar libros de texto, dicionarios, guías, carteis etc. É, tamén, autor da serie de banda deseñada Os amigos de Archimboldo Roque, publicada na revista Golfiño entre 2000 e 2004 e recollida no volume homónimo publicado por Faktoría K (2008). Colaborou en Dos Veces Breve e na revista BD Banda.
Co álbum de Aventuras de Cacauequi obtivo o premio Castelao da Deputación da Coruña de Banda Deseñada en 2007, e o nomeamento ao Premio Expocómic 2008 de Madrid e do Salón do Cómic de Barcelona, no apartado de autor revelación en España.
Creou tamén a obra infantil Marcopola. A illa Remeira e da novela gráfica Lois Pereiro. Breve encontro (Xerais, 2011). Traballa de xeito habitual para editoriais galegas como Sushi Books, Hugin e Munin, Xerais ou Kalandraka.
e descubre todas as novidades do libro en galego