Limpeza de sangue (o sangue fai ruído) de Rubén Ruibal foi a obra gañadora do XIV Premio Alvaro Cunqueiro para Textos Teatrais do ano 2005. Os seus protagonistas, Fernando e Pantaleón, procedentes de mundos aparentemente opostos coinciden, á espera do seu transplante ou do inevitable pasamento, na
Rubén Ruibal Armesto, nado en Ribadeo en 1970, é un actor e autor teatral galego.
Formouse xunto ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño co que colaborou na compañía Teatro do Aquí en obras como A ópera de a patacón (1994) ou Rastros (1998). No ano 2000 crea, xunto con Carlos Losada, a compañía Teatro Cachuzo, que leva ás táboas as súas primeiras obras Fume (2000) e Nunca durmo, de Erik Cachuzo (2003).
Tras a morte de Vidal Bolaño en 2002, e o feche de Teatro do Aquí, cesa a súa actividade teatral sobre as táboas e céntrase en escribir. Traffic: arroz mubi (2004) e ¡Triumfadores! (2005) foron representadas por Patatín & Patatán Superproductions.
A obra Limpeza de sangue (o sangue fai ruído) foi levada no 2010 aos escenarios por Espello Cóncavo, baixo a dirección de Arturo López, e o seu texto recibiu tamén o Premio María Casares ó mellor texto orixinal en 2011. Está prevista a adaptación cinematográfica da obra.
Actualmente é o coordinador da Aula de Teatro e Danza da Universidade da Coruña.
e descubre todas as novidades do libro en galego