Xusto a primeiros de setembro, coincidindo co cumio de Xefes de Estado que se celebra en Barcelona, uns días antes de que Nines lle prepare a festa do seu dezaoito aniversario, Flanagan sabe polo seu amigo Charche que a policía detivo a Clara Longo, a que fora a súa primeira moza, unha heavi
Jaume Ribera, nado en Sabadell o 30 de decembro de 1953, é un escritor e guionista de historietas catalán.
Nas décadas de 1970 e 1980 dedicouse a facer guións para cómics na Editorial Bruguera. Guionizou series coma Maff y Osso (de GiaSer) ou Deliranta Rococo e Profesor Tragacanto (de Gustavo Martz-Schmidt). Tamén chegou a firmar guións de Mortadelo y Filemón, cando foron realizados polo Bruguera Equip sen o seu creador, Francisco Ibáñez.
Para a mesma editorial tamén realizou guións de corte policial, detectivesco ou de suspense.
Xunto a Andreu Martín escribiu dúas sagas detectivescas: a protagonizada polo detective adolescente Flanagan, e a protagonizada por Àngel Esquius, composta por catro novelas: Amb els morts no s'hi juga (2003), Joc de claus (2004), La monja que va perdre el cap (2005) e Si cal matar matem (2010).
e descubre todas as novidades do libro en galego