Despois do seu paseo polo monte, o protagonista desta novela curta de Rafael Laso non soubo voltar a súa casa. Alí empezou todo. Días despois perdeuse tamén entre as liñas do escrito, e máis tarde non lembraba tampouco os anos que ten, nin sabía en que día vive, nin recordaba sequera o seu nome.
Rafael Laso Lorenzo, nado en Xinzo de Limia o 25 de xaneiro de 1965, é un escritor galego.
É Enxeñeiro Técnico Industrial pola Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial de Vigo de Vigo, na especialidade de Electricidade (Centrais e Redes), e graduado en Enxeñaría Eléctrica pola Universidade de León. Compaxina o seu traballo na empresa privada coa literatura.
e descubre todas as novidades do libro en galego