1. INICIO
  2. Libros
  3. VIAXE AO CENTRO DA TERRA
VIAXE AO CENTRO DA TERRA

VIAXE AO CENTRO DA TERRA

Jules Verne
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

O profesor Otto Liddenbrock viaxa ao centro da Terra guiado por un misterioso pergamiño do século XII, do sabio islandés Arne Saknussem. Na aventura acompáñano o seu sobriño Axel e o guía Hans. Os tres entran por un volcán cara ao interior da Terra, onde sufrirán unha serie de peripecias e

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
XERAIS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4978-2774-4
EAN
9788497827744
Formato
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Avatar

Jules Verne

Ver autor

Jules Gabriel Verne, tamén coñecido en galego como Xulio Verne,nado en Nantes o 8 de febreiro de 1828 e finado en Amiens o 24 de marzo de 1905, foi un escritor francés, pioneiro da literatura de ciencia ficción.

Verne naceu en Nantes no seo dunha familia burguesa, era o máis vello dos cinco fillos do matrimonio formado por Pierre Verne, avogado, e Sophie. Viviu os seus primeiros anos nunha illa no río Loira. Vivir nun sitio illado axudouno a desenvolver a súa imaxinación e manter unha forte relación co seu irmán máis novo, Paul. Aos nove anos, foi co seu irmán ao liceo de Nantes. Logo de rematar os seus estudos no liceo, Verne marchou a París para estudar dereito. Arredor de 1848 en colaboración con Michel Carre, comeza a escribir libretos para operetas. Durante algúns anos dedicouse a escribir obras para o teatro, sen moito éxito e só consegue estrear sete das vinte e catro que escribiu, e tamén escribiu historias de viaxes para a revista Musée des Familles, nos que narra extravagantes viaxes e aventuras nos que achega detalles científicos e xeográficos para darlle verosimilitude.

Cando o pai de Verne descubriu que o seu fillo se dedicaba a escribir e non a estudar, deixou de mandarlle cartos, polo que se viu obrigado a vivir como corredor de bolsa, o cal odiaba, aínda que tivo un certo éxito nesta profesión. Nestes anos coñeceu a Alexandre Dumas e Victor Hugo, que lle deron algúns consellos de como escribir.

En 1857 casou con Honorine de Viane Morel, unha viúva con dúas fillas, e co seu apoio continuou a escribir, aínda que editores rexeitaron escrito tras escrito. En 1861 naceu o seu fillo Michel Jean Pierre Verne.

En 1863 a súa situación mellorou cando coñeceu a Pierre-Jules Hetzel, un dos máis importantes editores franceses do século XIX, coa axuda de Hetzel, Verne reescribiu a historia sobre unha exploración en globo en África e publicouno como Cinco semanas en globo, modificando o ton pesimista cara a outro caracterizado polo optimismo.

Verne converteuse en millonario e famoso. Antes de aparecer como libro as súas novelas aparecían por entregas na revista de Hetzel, Magazine d'Éducation et de Récréation. Entre as súas novelas máis coñecidas están Viaxe ao centro da Terra (Voyage au centre de la Terre) (1864), Da terra á lúa (De la Terre à la Lune) (1865) ou Vinte mil leguas baixo dos mares (Vingt mille lieues sous les mers) (1969).

En 1886 recibe un disparo nunha perna do seu sobriño Gaston, o que o deixa semiinválido. En 1887 tras a morte de Hetzel, Verne comezou a escribir obras máis escuras. En 1888 saíu elixido concelleiro de Amiens por unha lista radical, permanecendo durante 15 anos no posto. Entusiasta do esperanto, en 1903 presidiu o grupo esperantista da súa cidade.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Jules Verne

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego