Pupi oíu que o veciño do quinto ten a cabeza chea de fume, e está moi preocupado. Nin el nin os seus amigos saben en que consiste esta en-fermidade, pero están dispostos a atopar unha solución. Conseguirán curar o seu veciño do misterioso mal?Outra divertida aventura do noso simpático amigo, chea
María Menéndez-Ponte Cruzat, nada na Coruña, é unha escritora galega en lingua castelá.
Despois de ser campioa de España de ximnasia en categorías infantís por dúas veces, comezou os estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Antes de rematalos casa e ten o primeiro fillo, e coa súa familia múdase a vivir aos Estados Unidos de América (Nova York), onde viviu durante cinco anos, e onde se licenciou pola UNED. Logo marchou a vivir a Madrid, onde se licenciou en Filoloxía Hispánica.
Na década dos noventa comeza o seu labor como escritora, tanto de novela como de relato curto, e fundamentalmente orientados á literatura infantil e xuvenil. Moitos dos seus libros están inspirados polo cristianismo ou tentan achegar aos mozos figuras da relixión cristiá. Algunhas das súas obras teñen sido auténticos best-séllers, como Nunca seré tu héroe, que levou o Libro de Ouro en 2006 ao pasar dos 100.000 exemplares vendidos e que superou as corenta edicións no ano 2016.
Tamén ten traballado na produción de numerosos libros de texto, na súa maior parte de relixión católica.
e descubre todas as novidades do libro en galego