1. INICIO
  2. Libros
  3. VERDADEIRA HISTORIA DA MOSCA DA TELE, A
VERDADEIRA HISTORIA DA MOSCA DA TELE, A

VERDADEIRA HISTORIA DA MOSCA DA TELE, A

María Solar
0 veces listado

Un dos libros máis divertidos e curiosos de todos cantos teñas vistos na vida. Porque, a ver, cantos libros coñeces que teñan como protagonista unha mosca televisiva? María Solar escríbenos unha historia divertida e moi pouco particular, que nos vai servir para acompañar á mosca da tele dende os

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
GALAXIA
Data publicación
2012-10-04
Páxinas
108
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4986-5458-5
EAN
9788498654585
Formato
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Avatar

María Solar

Ver autor

María Solar Núñez, nada en Santiago de Compostela o 25 de decembro de 1970, é unha xornalista e escritora galega.

Durante os seus estudos formouse e traballou como actriz de dobraxe, actividade que volveu exercer anos despois. E tamén na etapa universitaria comezou a traballar en Radio Compostela. Ese foi o seu primeiro contacto co mundo da comunicación que xa nunca abandonou. Como xornalista o seu traballo céntrase principalmente na radio e televisión autonómicas de Galicia. Na súa traxectoria na TVG presentou todo tipo de programas como o cultural Zigzag diario, Ciencianosa, En pé de festa, Arrampla con todo, A Revista Fin de Semana, etc. Na Radio Galega, entre outros programas foi directora e presentadora durante oito anos da revista As tardes da Galega e do programa de literatura Chamando á Terra. Ten colaborado con frecuencia en prensa e revistas. Tamén presenta o programa Zigzag Fin de Semana en TVG e coordina os programas de cultura da CRTVG.

Como escritora escribiu para todas as idades comezando polo infantil e xuvenil onde obtivo distintos premios e recoñecementos nacionais e internacionais, entre eles o Premio Lazarillo de Creación Literaria 2014 coa obra escrita orixinalmente en galego O meu pesadelo favorito e entrou dúas veces na lista White Ravens cos libros Mi pesadilla favorita en 2015 e Teño uns pés perfectos en 2016. En febreiro de 2017 publicou a novela Os nenos da varíola, baseada na Expedición Balmis. Os seus libros foron publicados en varios idiomas como galego, castelán, catalán, portugués, polaco, filipino, chinés ou italiano.

Gañadora de varios premios, entre eles o Xerais de novela en 2022 por A culpa.

Valoracións das lectoras e lectores
4.0
1 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

100%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Leo No
4

Divertido libro para a cativada. Só diversión... sen motivos extraliterarios para que ningún repunantiño diga "debería ser obrigatorio en todos os centros de ensino ñiñiñi...".

Outros libros de María Solar

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego