1. INICIO
  2. > Libros
  3. > O DERRADEIRO LIBRO DE EMMA OLSEN
O DERRADEIRO LIBRO DE EMMA OLSEN

O DERRADEIRO LIBRO DE EMMA OLSEN

Berta Dávila
0 veces listado

Emma Olsen afronta os seus derradeiros meses de vida afectada por unha enfermidade terminal e sabe que a morte non tardará en chegarlle. Mais Emma Olsen é escritora, e decide dedicar o tempo que lle queda a rematar unha novela que non é exactamente unha novela, senón unha crónica en primeira persoa…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Editorial Galaxia, S.A.
Data publicación
2013-11-18
Páxinas
124
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4986-5507-0
EAN
9788498655070
Formato
LIBRO EN OTRO FORMATO
Avatar

Berta Dávila

Ver autor

Berta Dávila (Santiago de Compostela, 1987) é narradora e poeta. Por «Raíz da fenda» (Xerais, 2013) obtivo o Premio Johán Carballeira de poesía e posteriormente o Premio da Crítica Española e o da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega na modalidade de poesía.

Como narradora é autora, entre outros libros, das novelas «O derradeiro libro de Emma Olsen» (2013), Premio Repsol de Narrativa Breve e Premio da Asociación Galega de Editoras ao mellor libro de ficción; «Carrusel» (2019), Premio García Barros e Premio da Crítica Española; «Illa Decepción» (2020), Premio Repsol de Narrativa Breve e finalista do Premio da Crítica Galicia; e «Os seres queridos» (Xerais, 2022), obra coa que conseguiu o Premio Xerais de Novela 2021, o Premio Follas Novas de Narrativa, 2023 e o Premio da Crítica de Galicia (Creación Literaria), 2023.

No ámbito da literatura infantil e xuvenil é autora dos álbums ilustrados «A fuxida» (2014) e «O libro grande dos números pequenos» (Xerais, 2023), do libro de poemas «A pel do mundo» (2017), das novelas infantís «Demetrio Demoscopio perdeu a chispa» (Xerais, 2022) e «O Concurso dos Mellores Inventos (e outros incribles acontecementos)» (Xerais, 2024) e da novela xuvenil «Un elefante na sala de estar» (Xerais, 2022), coa que gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2021.

Valoracións das lectoras e lectores
3.8
4 valoracións

5 estrelas

25%

4 estrelas

25%

3 estrelas

50%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
pialfa
4

estou lendo toda a obra narrativa de Berta Dávila porque os libros son curtos e teño curiosidade de ver o porqué da súa popularidade. tendo lido este e Un elefante na sala de estar, podo dicir unha cousa: a autora sabe escribir novelas breves (non digo curtas porque iso é unha cousa distinta). creo que co tema que trata xa me gañou, xa que son moi fan de ler sobre amizades codependentes. todos os acontecementos do libro transmiten a sensación de que foi unha traxedia evitable, que se Faith fose distinto, se fose noutra época, se o mundo (tanto antes como agora) non fose tan heteronormativo... as cousas rematarían doutra forma. mais, tristemente, non foi así, así que o que temos é este libro. un detalle que adorei foron todas as notas de pé de páxina do "tradutor", como se esta fose realmente unha obra traducida de Emma Olsen, unha escritora real. gústame cando os libros meten ese tipo de aclaracións, como en Jonathan Strange & Mr Norrell. polo menos no meu caso, fan que me sinta máis dentro da historia, como que difuminan un pouco a barreira entre o real e o ficticio. quizais non me gustou tanto como o outro libro da autora porque me sentín algo perdide nos capítulos iniciais. como que nese punto estaba a ler por ler.

Outros libros de Berta Dávila

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego