1. INICIO
  2. > Libros
  3. > UN ELEFANTE NA SALA DE ESTAR
UN ELEFANTE NA SALA DE ESTAR

UN ELEFANTE NA SALA DE ESTAR

Berta Dávila
1 veces listado

A morte por suicidio de Rosa acontece unha mañá de outono, mentres o seu home está no traballo e os seus fillos adolescentes acoden ao instituto como un día calquera. Na súa ausencia, as voces das persoas que a querían contan quen era. O papel que cada unha delas xoga na vida de Rosa, as…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Edicións Xerais
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4111-0086-1
EAN
9788411100861
Formato
RUSTICA
Avatar

Berta Dávila

Ver autor

Berta Dávila (Santiago de Compostela, 1987) é narradora e poeta. Por «Raíz da fenda» (Xerais, 2013) obtivo o Premio Johán Carballeira de poesía e posteriormente o Premio da Crítica Española e o da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega na modalidade de poesía.

Como narradora é autora, entre outros libros, das novelas «O derradeiro libro de Emma Olsen» (2013), Premio Repsol de Narrativa Breve e Premio da Asociación Galega de Editoras ao mellor libro de ficción; «Carrusel» (2019), Premio García Barros e Premio da Crítica Española; «Illa Decepción» (2020), Premio Repsol de Narrativa Breve e finalista do Premio da Crítica Galicia; e «Os seres queridos» (Xerais, 2022), obra coa que conseguiu o Premio Xerais de Novela 2021, o Premio Follas Novas de Narrativa, 2023 e o Premio da Crítica de Galicia (Creación Literaria), 2023.

No ámbito da literatura infantil e xuvenil é autora dos álbums ilustrados «A fuxida» (2014) e «O libro grande dos números pequenos» (Xerais, 2023), do libro de poemas «A pel do mundo» (2017), das novelas infantís «Demetrio Demoscopio perdeu a chispa» (Xerais, 2022) e «O Concurso dos Mellores Inventos (e outros incribles acontecementos)» (Xerais, 2024) e da novela xuvenil «Un elefante na sala de estar» (Xerais, 2022), coa que gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2021.

Valoracións das lectoras e lectores
4.4
5 valoracións

5 estrelas

60%

4 estrelas

20%

3 estrelas

20%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Gala
4

"Un elefante na sala de estar" trata o suicidio desde a perspectiva dos outros, un máis alá do suceso. Coido que é unha obra evocativa e que ha de dar moito xogo para tratar o tema coa rapazada da ESO.

Avatar
pialfa
5

adoro a forma na que este libro está estruturado. os capítulos son curtos pero efectivos en amosar o que sinten e están vivindo os personaxes. aínda que non supere as 150 páxinas, é unha novela moi completa. excepto algún abuso dun "non sei" nos pensamentos dos narradores, non hai nada que sobre ou falte. podes coñecer cunha profundidade maior da esperada pola brevidade da obra a case todos os personaxes. creo que ser capaz de amosar a personalidade dalguén con apenas unhas oracións é unha capacidade admirable. o suicidio de Rosa e os meses posteriores á morte son expostos dende moitas perspectivas. esa gran cantidade de narradores axuda a amosar a situación completa como un mosaico. cada un ten a súa propia forma de entender da situación, algunhas incluso contrarias (como que Alicia non pode permitir que todo volva a normalidade despois da morte da súa nai, mentres que Roi non pode desexar nada máis que iso). tamén serve para plasmar unha das mensaxes indirectas do libro: que as persoas son complexas e nunca seremos capaces de saber ou entender o 100% da súa psique. si que creo necesario avisar que, ademais de trigger warning por suicidio (creo que isto é obvio pola sinopse), hai mencións de abuso sexual infantil. por último, non creo que poida engadir moito máis que desexo que máis xente lea este libro. creo que trata un tema moi importante con moito tacto (que ademais houbo lectores beta e de sensibilidade, figuras necesarias neste tipo de obras).

Outros libros de Berta Dávila

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego