Xosé María Díaz Castro é autor dunha obra máis ampla do que adoita considerarse, pero durante moito tempo a prevalencia creativa de Nimbos fixo que se obviase calquera outra produción súa. Por tanto, hai un Díaz Castro alén de Nimbos que ficaba por descubrir. Compilar toda esoutra produción poética
Xosé María Díaz Castro, nado no lugar do Vilariño (Os Vilares, Guitiriz) o 19 de febreiro de 1914 e finado en Lugo o 2 de outubro de 1990, foi un poeta e tradutor galego. O 4 de novembro de 1973 foi nomeado correspondente da RAG e o instituto de Guitiriz IES Poeta Díaz Castro leva o seu nome.
A Real Academia Galega decidiu adicarlle, coincidindo co centenario do autor, o Día das Letras Galegas do ano 2014. Os outros escritores propostos foron Ricardo Carballo Calero, Xosé Filgueira Valverde, Fiz Vergara Vilariño e Ramón de Valenzuela.
e descubre todas as novidades do libro en galego