Pero non é un becho con patas e antenas. É un becho moito máis feo. Todos na casa andan alterados polo que lle pasa á avoa. Nesta historia coñeceremos un mundo marabilloso dunha nena e dunha avoa, tan lindo, que non hai becho malo que poida acabar con el.
Rocío Leira Castro, nada na Pereiriña (Cee) o 1 de outubro de 1979, é unha escritora galega.
Licenciada en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela, desempeña o seu labor en Santiago de Compostela dirixindo un centro de formación para universitarios. No ano 2009 gañou o X Certame de poesía para novos creadores Díaz Jácome e no 2012 o segundo Premio Anduriña Voandeira. Vive en Santiago de Compostela.
e descubre todas as novidades do libro en galego