1. INICIO
  2. > Libros
  3. > CICUTA PARA DOUS
CICUTA PARA DOUS

CICUTA PARA DOUS

Rocío Leira
0 veces listado

«Búscase persoa curiosa para resolver crime que aínda non se cometeu.» A aparición desta mensaxe na sección de anuncios por palabras dun xornal esperta a atención de Erundino Terrón, un filósofo solitario e rosmón. Xunto coa súa secretaria Irma, verase inmerso nunha investigación contra o reloxo…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Edicións Xerais
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4111-0216-2
EAN
9788411102162
Formato
RUSTICA
Avatar

Rocío Leira

Ver autor

Rocío Leira Castro, nada na Pereiriña (Cee) o 1 de outubro de 1979, é unha escritora galega.

Licenciada en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela, desempeña o seu labor en Santiago de Compostela dirixindo un centro de formación para universitarios. No ano 2009 gañou o X Certame de poesía para novos creadores Díaz Jácome e no 2012 o segundo Premio Anduriña Voandeira. Vive en Santiago de Compostela.

Valoracións das lectoras e lectores
2.0
1 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

100%

1 estrelas

0%
Avatar
pialfa
2

honestamente, se non fose porque no momento de ler o libro tiña dor de cabeza e porque tiña outras espectativas do que ía ser, daríalle un 3 e non un 2. os personaxes están moi ben construídos: non é que se caractericen por unha gran complexidade pero para as poucas páxinas que estamos con eles transmite moi ben a personalidade que teñen. xa dende a páxina 1 estaba claro que Erundino é un intelectualoide moi intelectual que non é como o resto de humanos porque é filósofo e pensa moito. pensa moito sobre cousas *importantes*, non como o resto da sociedade. sinto que Irma está máis desdibuxada, pero iso tamén ten sentido pola natureza da novela. falando diso, gostei do final. non vou facer spoilers pero, por unha cousa que vou comentar despois, sentiuse moi satisfatorio. iso si, xa vía o plot twist dende a páxina 10 (creo que incluso sen esaxerar xddd). agora, cal foi o meu maior problema coa novela? o borde que é Erundino todo o tempo. ten sentido de acordo a súa personalidade, mais eu esperaba deste libro un misterio curto e divertido, non un "Erundino insulta a intelixencia de Irma 847291 veces". quizais para algúns iso forma parte do humor, pero o único que eu sentía era enfado. se lle parece que Irma é tan inutil, POR QUE CONA NON A DESPIDE? entendo que o máis probable é que sexa unha escusa para explicar conceptos filosóficos relativamente sinxelos sen cuestionarmos por que lle está a falar destas cousas a súa asistente de máis de 20 anos como se fose unha nena de primaria, pero iso non quita que, mentres lía o libro, estaba a pasalo mal. tamén é que, aínda que estea nunha carreira de ciencias, sempre tiven un grande interese pola filosofía, polo que poucos (ou basicamente ningún) dos conceptos presentados aquí eran unha novidade para min. ademais, 90% do que falan son de filósofos gregos. hai máis xente pensante que Platón. hoxe en día hai filósofes que filosofan, escriben libros sobre o seu pensamento, dan palestras... vamos, que fan cousas e presentan ideas interesantes á sociedade.

Outros libros de Rocío Leira

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego