Escapado. Do Monte Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón de Luís Lamela García quere lanzar a mensaxe de que é moito máis importante recordar que comprender, por que a memoria sempre pode ser verdadeira, aínda que ás veces sexa falsa. Unha novela que quere ser unha crónica na que se mestura
Luís Lamela García, nado en Corcubión o 5 de novembro de 1945, é un historiador galego.
Estudou na Escola Oficial de Náutica da Coruña e na UNED. Traballou na Mariña Mercante e posteriormente desenvolveu varias actividades profesionais no sector financeiro galego, sobre todo en Caixa Galicia.
Foi un dos pioneiros na restauración histórica da memoria do franquismo e o antifranquismo en Galiza desde unha actividade investigadora que comezou no ano 1987. Colaborou tamén en periódicos e revistas como La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, Unión Libre ou Anuario Brigantino. Foi asesor do Proxecto Inter-universitario As vítimas, os nomes, as voces e os lugares e membro da Comisión Municipal de Aplicación da Memoria Histórica, asesora da Comisión de Honores e Distincións do Concello da Coruña, para a retirada da simboloxía franquista na cidade.
e descubre todas as novidades do libro en galego