Unha primavera para Aldara de Teresa Moure é unha peza teatral que se desenvolve no interior dun mosteiro, na Galicia do século XV. No exterior estoupa a Revolta Irmandiña contra os abusos dos nobres feudais. Ao convento chega Don Nuno, un cabaleiro irmandiño ferido gravemente na batalla. As regras
María Teresa Moure Pereiro, nada en Monforte de Lemos o 21 de setembro de 1969, é unha escritora galega.
É doutora en Lingüística xeral e exerce a docencia nas facultades de Filosofía e Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Nas eleccións Xerais de 2011 foi candidata do BNG ao Senado, pero non saíu elixida.
En 2022 comezou a dirixir o Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero da USC.
e descubre todas as novidades do libro en galego