Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Coa publicación desta segunda entrega dÆ O segundo sexo culmínase felizmente o proxecto de ofrecer en galego unha obra clave para entender o universo das mulleres e as coordenadas do feminismo, ao tempo que as nosas letras se enriquecen cun texto fundamental para a humanidade que xerou, despois de
Coa publicación desta segunda entrega dÆ O segundo sexo culmínase felizmente o proxecto de ofrecer en galego unha obra clave para entender o universo das mulleres e as coordenadas do feminismo, ao tempo que as nosas letras se enriquecen cun texto fundamental para a humanidade que xerou, despois de sesenta anos da súa aparición, unha rede de pensadoras e activistas que transcende xeracións, clases e países. Neste volume, ½A experiencia vivida╗, Simone de Beauvoir analiza a situación de opresión que viven as mulleres na sociedade. Na primeira parte, ½Formación╗, estuda a infancia, a adolescencia, a mocidade e a iniciación sexual; incorporando o lesbianismo. Continúa na segunda, ½Situación╗, analizando varios aspectos da figura adulta femenina, como a muller casada, a nai, a vida social, a prostitución, a madurez e a vellez. Prosegue na terceira, ½Xustificacións╗, abordando diferentes actitudes das mulleres, retratando á ½narcisista╗, á ½namorada╗ e á ½mística╗. Finaliza, na derradeira parte da obra, ½Cara á liberación╗, propoñendo no seu único capítulo, ½A muller independente╗, as dúas vías que teñen as mulleres para saír da súa situación de opresión, sen obviar as dificultades que atoparán nesa loita: a independencia económica como presuposto de calquera otra emancipación legal, social ou xurídica e a loita das mulleres como colectivo consciente da súa opresión.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro