Cando Uxío Novoneyra publicou Os Eidos, en 1955, a súa voz converteuse de inmediato nunha das máis intensas, renovadoras e salientables da poesía galega. En Os Eidos agroma unha poesía limpa, concisa e breve, que asenta nunha profunda identificación entre o poeta e a natureza, e que nos vai
Uxío Novoneyra, nado como Eugenio Novo Neira en Parada (Seoane do Courel, no concello de Folgoso do Courel) o 19 de xaneiro de 1930 e finado en Santiago de Compostela o 30 de outubro de 1999, foi un poeta e escritor galego.
Sendo fillo dunha familia de labregos, O Courel foi o principal referente físico para os seus versos, considerados dos mellores no tocante á paisaxística, dentro da literatura galega. Xosé Luís Méndez Ferrín encadrouno dentro da Xeración das Festas Minervais. A Real Academia Galega escolleuno como figura homenaxeada no Día das Letras Galegas do ano 2010.
e descubre todas as novidades do libro en galego