1. INICIO
  2. > Libros
  3. > CONTOS POR PALABRAS
CONTOS POR PALABRAS

CONTOS POR PALABRAS

Agustín Fernández Paz
1 veces listado

Este libro consta de oito contos. A súa caracteristica é que todos se desenvolven a partir dos anuncios por palabras dos xornais. " Unha chave non é suficiente " é o que abre o libro. Nel cóntase a aventura dun home que ve o ceo aberto cando atopa un anuncio indicando que " se…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Edicións Xerais
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4991-4155-8
EAN
9788499141558
Formato
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Avatar

Agustín Fernández Paz

Ver autor

Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores). Tamén recibiu en dúas ocasións o premio ao mellor libro de Literatura Infantil e Xuvenil do ano, que concede a Asociación de Escritores en Lingua Galega.

O seu libro O único que queda é o amor obtivo en 2008 o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil que concede o Ministerio de Cultura de España. No ámbito internacional salientan as catro designacións ao Premio Memorial Astrid Lindgren, nos anos 2008, 2009, 2010 e 2013. O libro O único que queda é o amor foi incluído na Lista de Honra da IBBY no 2010, como ocorrera tamén con Contos por palabras en 1992 e con Aire negro en 2002. Esta última novela, Aire negro, foi incluída así mesmo no Catálogo White Ravens da Internationale Jugendbibliothek de Múnic en 2001, un recoñecemento que tamén acadou O meu nome é Skywalker en 2004.

Valoracións das lectoras e lectores
3.0
1 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

100%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Gala
3

É un libro de relatos curtos baseados en anuncios do xornal. Non é nada do outro mundo, pero está ben. Paréceme unha lectura axeitada para 1º ESO aínda que podería estar un pouco ao límite de parecerlles algo infantil.

Outros libros de Agustín Fernández Paz

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego