1. INICIO
  2. Libros
  3. NINGUÉN
NINGUÉN

NINGUÉN

Fran Alonso
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Sara, unha muller que está farta dos ruídos da cidade, decide cambiar de estilo de vida. Un mozo vive obsesionado polas voces dos seus veciños, que lle impiden levar unha vida normal. Outra muller cítase nunha cafetería cun home ao que coñeceu a través de Internet. S. Lonely toma a decisión, por

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
XERAIS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4991-4302-6
EAN
9788499143026
Formato
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Avatar

Fran Alonso

Ver autor

Francisco Alonso Villaverde, máis coñecido como Fran Alonso, nado en Vigo o 27 de xuño de 1963, é un escritor galego, director de Edicións Xerais de Galicia.

Estudou filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. A súa carreira como escritor aparece vencellada profesionalmente ó xornalismo e ó ámbito da edición. Foi redactor de Diario 16 de Galicia, e dende 1992 traballa en Edicións Xerais de Galicia.

Deuse a coñecer en 1991 ó gañar o Premio Blanco Amor con Tráiler, unha novela que xira en torno á vida e mitos dos transportistas. En 1994 publicou Cemiterio de elefantes, unha colección de relatos centrados no mundo da noite, e en 1995 Silencio, unha novela curta na que explora a esquizofrenia do mundo urbano. O libro de relatos Males de cabeza fala sobre os problemas individuais que teñen que ver coa neurose socializada e coa ansiedade que afectan a todo o conxunto social.

Como poeta é autor dunha innovadora obra dende 1992, cando deu ó prelo Persianas, pedramol e outros nervios. A vontade rupturista e rebelde dos seus poemas está presente nas súas sucesivas entregas: Tortillas para os obreiros en 1996, Subversións en 2001. O seu poemario Balada solitaria é un diálogo entre a linguaxe poética do galego e a linguaxe figurativa do fotógrafo portuense Renato Roque.

A súa obra narrativa e poética aparecen recollidas en diversas antoloxías. Traduciu para o galego o Polgariño de Charles Perrault, foi un dos animadores das Edicións do Dragón e coordinou e editou o libro Mini.relatos, publicado pola Librería Cartabón (1999), onde participaron 27 autores galegos novos. Foi responsable das coleccións de poesía Ablativo Absoluto e de narrativa Abismos, durante o seu período de vixencia. 

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Fran Alonso

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego