Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Un rato díxolle á lúa é a caixa dos tesouros da poesía de Antonio García Teijeiro. Dentro dela gárdase a esencia dos seus versos, a apócema máxica coa que, en palabras de Fran Alonso, ½a lúa imprimiu neles un sabor antigo, un sabor de berce, un sabor sincero que se nos mete dentro╗. García Teijeiro
Un rato díxolle á lúa é a caixa dos tesouros da poesía de Antonio García Teijeiro. Dentro dela gárdase a esencia dos seus versos, a apócema máxica coa que, en palabras de Fran Alonso, ½a lúa imprimiu neles un sabor antigo, un sabor de berce, un sabor sincero que se nos mete dentro╗. García Teijeiro atesoura no seu haber 25 anos escribindo poesía infantil. Desde a publicación de Nenos (1988), os seus versos enredan nos beizos dos lectores e lectoras, ½divertidos, lúdicos, pero tamén facéndonos sentir, e pensar, turrando de nós cos seus ventos de ideas e emocións brincadeiras╗. Un rato díxolle á lúa espreme, antologados por Fran Alonso, eses 25 anos de poesía infantil. ½Simpáticos, fermosos, divertidos, sensibles, punzantes, libres, salgados, máxicos, outonizos, perennes╗, estes poemas transmiten emoción, beleza e solidariedade. Ilustrada por Xosé Cobas e musicada por Paco Ibáñez (nun CD que se acompaña), a poesía de Antonio García Teijeiro agroma cunha enorme forza natural, chea de vida, de luz e de musicalidade.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Antonio García Teijeiro (Vigo 1952) é un dos grandes poetas e narradores da literatura infantil e xuvenil galega. Ten publicada unha extensa obra poética dirixida ao público máis novo, con máis de cincuenta títulos, iniciada en 1988 cos libros «Coplas», «Nenos» e «Aloumiños». En Xerais publicou os seguintes títulos de poesía: «Retorno ós lamentos» (1988); «Ventos» (1992; «Lueiro de papel» (1995; «Na fogueira dos versos» (1996), Premio Merlín 1996, Lista de Honra do IBBY 1997 e Premio Pier Paolo Vergerio 1998; «O que ven os ollos dos nenos» (2001), prosa poética; «Os nosos versos» (1997, Xerais 2003), antoloxía poética; «Chove nos versos» (2004); «Recendos de aire sonoro» (2011); «Un rato díxolle á lúa» (2013), antoloxía da súa obra preparada por Fran Alonso; «Lendo lendas, digo versos» (2015), en colaboración con Antonio Reigosa, Premio Gala do Libro Galego á mellor iniciativa bibliográfica 2016; «Poemar o mar» (2016), Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017, «Paseniño, paseniño» (2018), «Vento, ventiño, venteiro» (2019), e «No xardín do poeta» (2021). No eido da narrativa para mozos e mozas publicou en Xerais: «En voz baixa» (1998); «Os peixes de cores» (2002); «Honorato, o rato namorado» (2007) e «Verbas de sal» (2011). Tamén preparou a «Antoloxía de Celso Emilio Ferreiro» (1989) publicada na Biblioteca das Letras Galegas.