Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do…
Historia que pouco a pouco te vai levando cara un final sorprendente. Moi recomendable.
non é que sexa unha marabilla, pero tampouco diría que é *malo*. sei que gostaría moito máis del se o lese con 14-15 anos, pero incluso hoxe en día diría que é unha experiencia minimamente desfrutable. todo o tema dos dragóns é bastante interesante e, aínda que a trama non avanzou moito neste libro, nótase o potencial para as partes seguintes. é certo que podería ser máis dinámico (lese demasiado lento para ser 256 páxinas) para o pouco que acontece, pero tampouco é insufrible. os personaxes non son especialmente carismáticos, pero son aturables e as súas contradicións entendibles porque en situacións estrambóticas é fácil pasar do "ah si, isto non é tan raro" ao "que merda que merda que merda que merda" en segundos e en bucle. en conclusión, para min é o típico "inicio de saga 2/5 que logo os seguintes libros aproveitan o potencial deste e vólvese unha puta fantasía". entón, por que o 3/5? por que xa no final deste ocorren cousas interesantes e porque tampouco pasou ningunha cousa ofensiva ou que me molestase demasiado.
e descubre todas as novidades do libro en galego