1. INICIO
  2. > Libros
  3. > PERCIVAL E OUTRAS HISTORIAS
PERCIVAL E OUTRAS HISTORIAS

PERCIVAL E OUTRAS HISTORIAS

X. L. Méndez Ferrín
0 veces listado

En 1958, X. L. Méndez Ferrín sorprendía o mundo literario co seu primeiro libro de narrativa. Así o recibía o crítico M. Rabanal:«Logo de ler dun tirón, literalmente coa boca aberta, co pracer e a emoción gobernándome os pulsos, as enfeitizantes historias dun rapaz como Xosé Luís, sinto que se me…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Edicións Xerais
Data publicación
2013-09-19
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4991-4555-6
EAN
9788499145556
Avatar

X. L. Méndez Ferrín

Ver autor
X. L. MÉNDEZ FERRÍN (Ourense, 1938) é unha figura cimeira da cultura galega contemporánea. O seu labor abrangue os ámbitos da narrativa, da crítica, da investigación, do pensamento e da acción política e social. Doutor en Filoloxía, recibiu premios como o Celanova Casa dos Poetas, o Premio Trasalba, o Premio Irmandade do Libro ao Autor do Ano, o Premio da Crítica Española, o Premio Losada Diéguez ou o Premio Nacional da Cultura Galega.
É autor dunha obra compacta, unitaria, que abala entre a realidade e a fantasía, e creou espazos literarios de referencia para o ámbito da cultura. A súa obra narrativa iniciouse hai cincuenta anos con Percival e outras historias (1958), e desde aquela publicou títulos tan emblemáticos como O crepúsculo e as formigas (1961), Arrabaldo do norte (1964), Retorno a Tagen Ata (1971), Elipsis e outras sombras (1974), Antón e os inocentes (1976), Crónica de nós (1980), Amor de Artur (1982), Bretaña, Esmeraldina (1987, 2007), Arraianos (1991), ou No ventre do silencio (1999). Como poeta, logo de Voce na néboa (1957), Antoloxía Popular (1972) e Sirventés pola destrucción de Occitania (1975), o poemario Con pólvora e magnolias (1977) provocou un revulsivo na poesía daquela altura e mudou o seu rumbo. Logo viñeron títulos como Poesía enteira de Heriberto Bens (1980), O fin dun canto (1982), Erótica (1992), Estirpe (1994), O outro (2002), Era na selva de Esm (2004) e Contra Maquieiro (2005). Para o público xuvenil publicou Arnoia, Arnoia (1986), incluída na Lista de Honra do IBBY en 1988.
Valoracións das lectoras e lectores
3.0
1 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

100%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai recensións.

Outros libros de X. L. Méndez Ferrín

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego