1. INICIO
  2. Libros
  3. ASÚSTATE, MERCHE!
ASÚSTATE, MERCHE!

ASÚSTATE, MERCHE!

FINA CASALDERREY
0 veces listado

Esta historia iníciase cando, a través dunha nota necrolóxica nun xornal, Auria descobre unha terrible e misteriosa razón que a empuxa ó suicidio. Por medio de Merche, o diario de Auria, e dun narrador revivimos unha viaxe por Europa. O presente e o pasado avanzan paralelos. Os capítulos do pasado

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
XERAIS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4991-4562-4
EAN
9788499145624
Formato
RUSTICA
Avatar

FINA CASALDERREY

Ver autor

Xosefa Casalderrey Fraga, máis coñecida como Fina Casalderrey, nada en Xeve (Pontevedra) o 11 de agosto de 1951, é unha escritora, profesora de educación secundaria, etnógrafa vocacional, gastrónoma, conferenciante e periodista galega.

Exerceu como mestra dende os dezanove anos, xubilouse no 2010 como profesora de ensino secundario, despois de estar 25 anos en Moraña e 10 en Marín. Foi no ensino onde comezou a crear e dirixir pezas teatrais representadas polo seu alumnado, algunhas recollidas en Edicións Xerais.

Unha das súas inquedanzas é a investigación etnográfica, onde gañou concursos diversos premios co seu alumnado. Outra inquietude é a gastronomía, e así publicou, xunto con Mariano García, O libro da empanada, Festas gastronómicas de Galicia e Repostería en Galicia.

A súa narrativa distínguese pola súa agudeza na observación e recreación do mundo dos adolescentes, polo realismo dos seus personaxes e situacións e por un ritmo capaz de converter calquera asunto cotián nun relato de suspense.

Colabora na prensa, revistas, congresos, xurados, pregóns, charlas-coloquio, mesas redondas... sobre literatura, gastronomía, entre outros temas.

En 1991 deuse a coñecer no mundo das publicacións coa novela xuvenil Mutacións xenéticas. No ano 1996 foille concedido o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil coa novela O misterio dos fillos de Lúa. A maior parte da súa obra está traducida ás linguas peninsulares, isto é, ao catalán, éuscaro, asturiano, aragonés, castelán e portugués.

En 2013 foi elixida membro da Real Academia Galega, ocupando a vacante deixada por Xaime Illa Couto.

Valoracións das lectoras e lectores
5.0
1 valoracións

5 estrelas

100%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de FINA CASALDERREY

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego