O 22 de febreiro de 1944 un bombardeiro Hudson da Royal Air Force estrelouse na Serra de Pena, á altura do marco número 125 da fronteira con Portugal, entre o concello galego de Calvos de Randín e a vila portuguesa de Montealegre. Un contrabandista será a primeira persoa en chegar ao escenario do
Luís Manuel García Mañá, nado en Ourense o 19 de outubro de 1950, é un policía, escritor e político galego.
É licenciado en Dereito, cursou estudos de Maxisterio, Tocoloxía Forense e Antropoloxía Cultural. Foi Comisario Xefe de Policía en Madrid, Vigo e Ourense, e desde 2004 exerce a responsabilidade de Comisario Principal, Xefe Superior de Policía de Galicia. Académico correspondente da Real Academia Galega, membro numerario do Instituto de Estudios Vigueses, da Fundación Premios da Crítica Galicia, do Padroado da Fundación Otero Pedrayo, do PEN Clube de Galicia, fillo adoptivo de Calvos de Randín.
Realizou un importante labor no rescate e difusión da historia do Couto Mixto con obras como La Frontera hispano-lusa en la provincia de Ourense (1988), Miño: ¿existiu unha fronteira?: apuntes históricos, xurídicos e sociolóxicos (1993) e Couto Mixto: unha república esquecida (2000 e 2005).
Colaborou en Boletín Auriense, Boletín do Instituto de Estudios Vigueses, Eixo Atlántico, Lingua Viva, Tempo Exterior, La Voz de Galicia, La Región e Faro de Vigo. Participou coa reconstrución fisionómica de Manuel Blanco Romasanta no libro O home do unto. Manuel Blanco Romasanta (1991) e no estudo La droga en la población escolar no universitaria.
e descubre todas as novidades do libro en galego