1. INICIO
  2. Libros
  3. GAIOLA ABERTA
GAIOLA ABERTA

GAIOLA ABERTA

Armando Requeixo
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Obra dirixida a nenas e nenos que achega unha selección dos poemas editados por Xoán Neira ao longo dos últimos vinte anos e coa que o autor quere facer unha sentida homenaxe a Manuel María no cincuentenario da publicación da primeira edición do seu celebérrimo Os soños na gaiola. Como nos anuncia

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
BAÍA EDICIÓNS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4999-5287-1
EAN
9788499952871
Formato
LIBRO EN OTRO FORMATO
Avatar

Armando Requeixo

Ver autor

Armando Requeixo Cuba, nado en Mondoñedo o 14 de xuño de 1971, é un investigador, profesor e crítico literario galego. 

Investigador e secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, é tamén profesor na Universidade de Santiago de Compostela, catedrático de Lingua Galega e Literatura de Ensino Medio e coordinador de actividades e publicacións da Casa-Museo Álvaro Cunqueiro.

O 28 de febreiro de 2014 defendeu a súa tese de doutoramento, A poesía en galego de Xosé María Díaz Castro: Estudo e edición crítica, dirixida por Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer.

Ensaísta e tradutor, é membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Asociación Galega da Crítica, presidente de ELOS (Asociación Galego-Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil), membro de LITER21 (Grupo de Investigación en Literatura Galega, Literatura Infantil e Xuvenil, Investigacións Literarias, Artísticas, Interculturais e Educativas), membro de LIXMI (Rede Temática de Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil do Marco Ibérico e Iberoamericano) e pertence ás directivas do Foro Galicia Milenio e da SIFA (Sociedade Interuniversitaria de Filosofía).

Recibiu varias distincións polo seu labor como crítico, investigador e tradutor literario.

Dende o 2016 dirixe os Cadernos Ramón Piñeiro e as coleccións Láncara de Poesía e Narrativa Recuperada no seo do Proxecto Recuperación de Textos Literarios e Xornalísticos Galegos, do que é o principal responsable no CRPIH, onde tamén dirixe o Proxecto Bibliografía da Literatura Galega. Dende decembro do 2019 dirixe tamén os cadernos da Colección Selva de Esmelle e máis a serie Papel de Color, publicacións da Casa-Museo Álvaro Cunqueiro.

Dende hai anos as súas recensións aparecen publicadas nos xornais do Grupo Editorial Prensa Ibérica (Faro de Vigo, La Opinión (A Coruña)), do Grupo La Capital (El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa, Diario de Bergantiños), do portal Galicia Dixital.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Armando Requeixo

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego